A Fundación López Abente organiza unha viaxe a Allariz coa Fundación Vicente Risco

07:50 03/09/18

O vindeiro 22 de setembro, a Fundación López Abente organizará unha viaxe cultural a Allariz. Os anfitrións da Fundación Vicente Risco farán unha visita guiada polo casco histórico. Ademais pola tarde visitarán Santa Mariña de Augas Santas.
As inscricións (custa 5€ a viaxe) están abertas do 3 ao 17 de setembro no Concello de Muxía, e poden solicitar máis información no 606 406 631.