martes. 13.05.2025
El tiempo

A Fundación López Abente organiza unha viaxe cultural a Celanova

A Fundación López Abente organiza unha viaxe cultural a Celanova

Segue a Fundación López Abente intentando achegar a cultura ás xentes da zona. Deste xeito, e coa intención de tecer fíos con outras entidades curmás como a Fundación Curros Enriquez, artella conxuntamente con esta unha viaxe cultural para o vindeiro 10 de maio, a Celanova, berce de poetas coma o propio Curros Enriquez e Celso Emilio Ferreiro.

A viaxe leva un suxerente título “CELANOVA: Un paseo pola historia de Galicia”, dando conta do interese da mesma. Será un patrón da Fundación Curros Enríquez o que artelle unha visita guiada aos puntos de principal interese, relacionados coa literatura e a cultura Entre outras actividades visitarase a Casa dos poetas, o Mosteiro de San Salvador e Vilanova dos Infantes, localidade ligada ao poeta Xosé Luis Méndez Ferrín.

Máis información e inscricións

Para participar é necesario inscribirse antes do día 2 de maio e pagar a cuota de 5 € para axuda do financiamento do autobús. Podes consultar como inscribirte en www.lopezabente.org.

Novas relacionadas

Outras novas relacionadas

Fonte

Comentarios