Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Galería Mulleres viaxa ata Alemaña para coñecer á pintora alemá Käthe Kollwitz

A Galería Mulleres viaxa ata Alemaña para coñecer á pintora alemá Käthe Kollwitz

Abril de 2011 e a Galería Mulleres de Muxía é protagonizada por Käthe Kollwitz (Konigsberg 1867 - Moritzburg, 1945). Trátase dunha pintora e escultora representativa do expresionismo alemán.

A súa obra caracterízase pola crítica social, o pacifismo e a denuncia das miserables condicións de vida da masa obreira.
Cultivou especialmente o debuxo e o gravado, técnicas que resaltan a expresividade e dramatismo da súa obra. Foi a primeira muller nomeada membro da Academia Prusiana das Artes. Pero a súa postura pública en contra do conflito armado e a ascensión ao poder dos nazis fixeron que o seu traballo fora censurado e considerado ”dexenerado” e que nos seus últimos anos de vida tivera que abandonar o seu fogar para protexerse.

As súas magnificas e sobre colledoras obras sobre a desolación e a traxedia de pais e fillos diante dos conflitos bélicos seguen sendo obras actuais que seguen e seguirán denunciando o drama humano das guerras.

Comentarios