mércores. 04.12.2024
El tiempo

A imaxe da Virxe da Barca está a salvo pero os gastos da rehabilitación rozarán o millón de euros

A imaxe da Virxe da Barca está a salvo pero os gastos da rehabilitación rozarán o millón de euros
Estado do Santuario da Virxe da Barca tralo incendio-Foto-Rafael Quintans

Esta mañá de venres 27 de decembro, o Comité de Emerxencia pola desfeita do Santuario da Barca, confomado polo Concello, Párroco, protección Civil e Confraría de Pescadores, realizaba unha rolda de prensa.

Tras unha valoración dos desperfectos, as dúbidas xiraban en torno á imaxe da Virxe. E o alcalde, Félix Porto, tivo a ben en clarexar que "a imaxe da Santa da Virxe da Barca está a salvo".

A imaxe da Santa da Virxe da Barca esta a salvo-Foto-Marcos Rodriguez na Barca 2009

O alcalde ratificou as pesquisas sobre a causa do incendio, e confirmou que a Garda Civil asegurou que "foi un raio o que causou o incendio e non existe ningún transformador próximo ao Santuario". Ante as dúbidas sobre a validez dos pararraios, recordaron que a instalación electrica é do ano 1993 e destacaron que a potencia do raio provocou que non fixesen o seu traballo. En todo caso, o alcalde ratifico que a instalación eléctrica estaba en bo estado.

Outro dos temas importantes é o asunto da rehabilitación. Porto informaba que o seguro co que conta o santuario achegaría para o arranxo do templo unha cantidade superior aos 500.000€, ue chegaría para acometer unha boa parte da obra civil, ao que se sumaría ao "compromiso do Presidente da Xunta, no que confío plenamente". Un Presidente que valoraba en 850.000€ o investimento que necesitaría o templo.
Ademais, o Concello xa canalizou varios xeitos para recibir axudas, a que "son moitas as chamadas recibidas ofrecendo dende moitos puntos de España e de fora, todo tipo de axuda". O Concello xa abríu un par de contas para recibir esas axudas.

Para rematar, Porto quixo facer un guiño en positivo e destacou que "queremos que o santuario se revalorice ainda mais cunha gran obra". Aí queda o balón no tellado da Xunta.

Comite de Emerxencia pola desfeita do Santuario da Virxe da Barca-Foto-Maricarmen Suarez

O alcalde de Muxía quere que o santuario da Virxe da Barca volva a ser o mesmo que antes, a pesares das dificultades que existen, e incluso “que se revalorice aínda máis con unha gran obra”, polo que tanto as aportacións públicas como as privadas que se acheguen para esta causa serán destinadas íntegramente a este fin. O rexedor quiso agradecer tódalas mostras de apoio recibidas e de moitas persoas que se ofreceron a colaborar para a restauración da ermita. Anunciou que o primeiro que están a facer os técnicos é redactar un plan de seguridade para evitar calquera risco e impermebealizar os muros. Segundo lle comentaron os técnicos, nestos momentos “non existe temor a que a bóveda poida virse abaixo”. Contas habilitadas: C.C.C.: 0049 2895 15 2594005460 I.B.A.N.: ES47 0049 2895 1525 9400 5460 CCC: 2080 0078 47 3040007197 IBAN: ES83 2080 0078 4730 4000 7197

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Información de Marcela Riera e Mari Carmen Suárez.

Comentarios