A Muller sempre está en Muxía

09:40 09/12/10

Mostra "Elas sempre están"
Xa está aberta ata o 15 de decembro a exposición Elas sempre están na Casa das Beiras, organizada pola Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Igualdade. Esta mostra é unha homenaxe á muller rural. Conta con 15 fotografías da artista italiana Elisa Gianni e cun poema de Lucía Aldao.Mostra "Elas fan camiño"
Chegará en breve ao Centro Social a mostra “Elas fan Camiño”, que estará aberta do 16 de decembro ao 31. Esta mostra que organiza a área de Igualdade da Xunta de Galicia, quere lembrar o papel que desde o principio da peregrinación en Galicia, a través dos camiños a Santiago, xogaron moitas mulleres, tanto mulleres coñecidas e famosas -raíñas, santas- como mulleres anónimas que chegaron ata Santiago.Mostra de esculura e pintura "Catro miradas"

Teatro con Malasombra
A compañía Malasombra Teatro estará en Muxía coa obra O DÍA DO PAI o sábado 18 de decembro ás 20 horas no Salón do Voluntariado.Novas relacionadas
- As mulleres alzan a voz en Camariñas.
- Programa de Nadal en Muxía: Un Nadal exquisito en Muxía.
- Galería Mulleres: A pensadora María Zambrano, a protagonista do Novembro da Galería Mulleres.