Aberto o prazo de inscrición nas actividades deportivas do verán de Muxía
08:05 22/06/17
O concello de Muxía vén de abrir o prazo de inscrición para as actividades deportivas de verán dirixidas principalmente aos veciños e veciñas máis novos do concello. Así, ao longo dos meses de verán o concello ofertarán distintos cursos, campus, campamentos e varios eventos deportivos.
Así, todos os martes e xoves dende o 10 de xullo ao 3 de agosto haber un curso de natación en augas abertas que se levará a cabo na praia da Cruz e que está dirixido a maiores de 5 anos. Os días 1, 2, 3 e 4 de agosto haberá un curso de deportes de aventura en Naturmaz - Mazaricos -. A praia de Nemiña acolle do 7 ao 11 de agosto un curso de surf destinado a rapaces e rapazas maiores de 8 anos que xa saiban nadar. O concello muxián tamén oferta este verán curso de vela e kayak que se realizarán no peirao deportivo. O pavillón municipal acollerá do 18 de xullo ao 29 de agosto un curso de tenis dirixido a nenos e nenas de entre 8 e 16 anos. E os día 10, 14, 24, 18 e 31 de xullo e do 7 ao 23 de agosto realizarase o II campus de fútbol sala de verán ofertado para nenos e nenas de 6 a 13 anos.
Ademais destes cursos, o concello de Muxía oferta unha viaxe ao Aquapark de Cerceda, os días 20 e 27 de xullo; a II travesía a nado Camariñas-Muxía que será o 1 de xullo; o 5º gran fondo do Ézaro-Costa da Morte (2 de xullo); a 4ª carreira popular (9 de xullo); o mundialito de clubes (15 de xullo) e un roteiro dende Ponte Constante ata as Caldeiras do Castro que será o día 9 de agosto.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Muxía