A absolución dun veciño de Muxía por un suposto delito de maltrato animal provoca un movemento veciñal polo coidado dos gatos rueiros
A absolución dun home de Muxía acusado de delito de maltrato animal por parte do Xulgado de Corcubión vén de convulsionar a vila da Barca. Os feitos acontecían en setembro de 2019, cando varias veciñas da zona do Coído denunciaron á Policía Local e á Garda Civil que un home estaba encerrando e deixando morrer por inanición nunha casa a medio derruir a varias familias de gatos.
Os aullidos e as rabuñadas que os famélicos gatos producían día e noite fixeron saltar a alarma na veciñanza, que se adentrou na propiedade privada para levantar os tablóns de madeira cos que o home tapiara a porta da casa. Poucos días despois, o home volveu encerrar aos animais, e desta volta tapiou a porta con ladrillos. Foi aí cando interveu a Policía Local e a Garda Civil, liberou aos animais e se procedeu á denuncia, polo penal, por un posible delito de maltrato animal.
4 meses despois, o Xulgado de Corcubión absolve de delito penal ao home. Unha decisión que vén de axitar a moit@s veciñ@s da zona, que queren que se visibilice a problemática real que hai cos gatos na vila muxiá, unha vez que o Concello, que si ten convenio coa empresa XEA, Xestión Ética do Abandono para a recollida de cans abandonados, asinado o pasado mes, non cumpre integramente o Art.26 da Lei 4/2017 de Bienestar Animal en canto á recollida e estirilización das camadas de gatos que hai pola vila. Unha situación que, en todo caso, se repite en practicamente todos os concellos da comarca.
Como o Código Penal impide xulgar dúas veces a unha persoa por un mesmo delito, e sabendo que un dos motivos de que este tipo de situacións repítanse no tempo, un grupo de persoas e/ou asociacións animalistas sen ánimo de lucro veñen de abrir unha campaña de recollida de sinaturas a través da plataforma change.org, na que ademais de lamentar a actuación do que chaman o “Emparedador de Gatos de Muxía“, piden que se faga xustiza cos gatos das rúas muxiás, e se comecen, con entidades como XEA ou Gatocan, campañas de estirilización, de creación de pequenos refuxios… Xa son máis de 500 persoas as que asinaron a campaña en apenas 24 horas.