Luns. 29.04.2024
El tiempo

O acordeón de Pazos de Merexo volveu soar

Homenaxe a Pazos de Merexo 2023
Homenaxe a Pazos de Merexo 2023
O acordeón de Pazos de Merexo volveu soar

Fermosa homenaxe a rendida este pasado xoves a Pazos de Merexo na súa casa da Forreira. Un evento familiar, en clave de sorpresa, para facer soar de novo o seu acordeón.

Co lema “Cada un vai a feira co que tén”, a familia abriu ás portas a veciñanza para lembrar e enviarlle unhas carumas de amor en forma de son o benquerido Pazos.

O evento fixose na eira do cabazo, onde tocara con Kepa Junquera, e ata alí se achegaron acordeónistas coma Alex acordeireta e Patri que chegaron dende Vigo. Os Inasois de Lira, Arxires de Vilar de San Martiño, Xurxo Souto dende a súa Coruña, e por suposto Adrián Lago, o neto de Pazos, o que representa o legado musiqueiro da familia mellor ca ninguén.

O evento tivo de varías partes, e rematou ben entrada a madrugada. “Pódese dicir que foi unha homenaxe ben bonita e fermosa”, recoñece Tomás Lago Freire, un dos familiares. “Acudiron moitos veciños de Merexo e incluso as máis cativiñas do lugar foron quen de coller as súas pandeiretas e tocar cos acordeonistas”, explica.

Trala benvida, Xurxo Souto, como gran facedor de festas, enganchou a Adrián e os dous subiron a parte de arriba do cabazo, e alí empezaron a tocar o valse. Pouco a pouco foron chegando os demáis, e fixose coma unha primeira parte de acordeóns diatónicos lembrando as pezas do mestre.

Pararon para comer e de seguido a filla María José deu unhas fantásticas verbas de agradecimento que emocionaron ao persoal.

E seguiu a música dos acordeóns, facendo eco do fantástico són que hai en Merexo. “Dicíame Anxo o Inasio pequeno, que lle encantara volver a sentir o acordeón na casa de Pazos e que tiña que ser así sempre”, conta Tomás.

Acordeon diatonico de Pazos de Merexo
O acordeón diatónico de Pazos de Merexo

O acto rematou colocando todos os acordeóns no centro da eira e todos postos de pé, escoitando a peza fermosísima que Arxires compuxo para o Mestre. “A verdade que foi un momento moi emotivo no que as bágoas se reflexaban nos rostros de todos os que alí estabamos, e así en modo de carumas de son de a cordeón, lembramos a inmensidade, dese gran home”, relata aínda emocionado.

Dende a familia queren agradecer “a tod@s os que viñeron e a tod@s os que non puideron, sabemos que era un día da semana, e que non se fixo publicidade nin nada, prometemos repetilo e por supostos a casa da forreira segue aberta para todos aqueles que se lembran de Manuel Pazos Redonda o grande PAZOS DE MEREXO”.

ARTIGOS sobre PAZOS

Novas sobre Pazos

Comentarios