Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Pazos de Merexo recibiu unha marabillosa homenaxe

HOmenaxe acordeon Pazos de Merexo
A fermosa homenaxe rematou cun concerto ao completo
Pazos de Merexo recibiu unha marabillosa homenaxe

Os grandes eventos non teñen que ser en grandes escenarios, con moitas luces. Os grandes eventos son os que están cheos de emoción, de alegría, de historia. E así foi o celebrado este pasado luns 9 de maio no Hotel Bela Fisterra, “no centro do mar”, pisando area, para render homenaxe a “un dos acordeonistas máis importantes do acordeón tradicional”, a “un dos grandes mestres da música galega”.

Numerosos invitados tocaron e contaron historias do eterno Pazos de Merexo ante o “sorriso” do público asistente. Ademais do armadanzas Pepe Formoso, un dos grandes dinamizadores foi Xurxo Souto, gran contador (contou xunto coa filla de Pazos Maria Xosé como comezara a tocar co acordeón que lle trouxera un tío das américas) e presentador de cada un dos que pasaron polo areoso escenario.

Evento Bela Fisterra Publico

Como Bieito Romero, BIeto Romero Diéguez e Irma Macías; como Alberto Nunes, que lle aprende aos seus alumn@s cos floreos e os repertorios bailongos de Pazos; Adrián, o seu tímido neto, que tocou un valse do seu avó, por suposto, seguindo a tradición da Casa da Forreira.

Importante tamén a aportación do mestre Fernando Fraga. O acordeonista ceense fixo, cando falecera, un texto musicado con efectos rítimos e sonoros que falan da vida de pazos, con efectos de aire (Pazos dicía que o acordeón respiraba), efectos que simulan o corazón, e outros que evocan as súas labores agrícolas. Interpretouno para deleite dos presentes.

Entre o público estivo o actor Miguel de Lira (tamén estiveron os Ignasios de Lira, Anxo da Carreirana e seu pai Moncho tocando o acordeón), que participou tamén contando anecdotas. E mais Eutrópio Rodríguez, autor das fotos do libro-disco de Pedro Pascual.

Colaboraron Kepa Junquera enviando unha mensaxe agarimosa, ou Rosalía Fdez. Rial, convalecente, que enviou o seu poema. En clave de poema tamén falou Tomás, o xenro, antes de que a María Xosé agradecese a homenaxe e contase que “meu pai era un home marabilloso e deixounos moitas cousas. Era todo amor e era sempre a casa aberta para todo o mundo”.

Como broche de ouro, o Ai Lourido en común.

 

Un Concerto que será gravado por Bocixa que terá a participación de Kepa Junquera, co que viviu marabillosas xornadas de convivencia musical no mesmo lugar de Merexo en 2013 e na Fundación Eduardo Pondal en nunha máxica noite de 2010.

ARTIGOS RELACIONADOS

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios