Venres. 03.05.2024
El tiempo

As alumnas do Club de Ciencias do IES Ramón Caamaño lanza o seu satélite á Órbita

Alumnas do IES de Muxia en Orbita
Alumnas do IES de Muxía en Órbita
As alumnas do Club de Ciencias do IES Ramón Caamaño lanza o seu satélite á Órbita

Este mércores, o equipo de Muxía en Órbita presentou na Cidade da Cultura o seu proxecto para o desafío CanSat. Este é un programa da Axencia Espacial Europea que reta ao alumnado a deseñar un satélite do tamaño dunha lata de refresco, enviando diferentes misións que deben deseñar os/as estudantes.

O equipo está conformado por seis rapazas do Club de Ciencias do IES Ramón Caamaño, que idearon un proxecto sostible, inclusivo, así coma artístico. É destacable o feito de que sexa un equipo exclusivamente feminino, reivindicando o papel das mulleres na ciencia.

As protagonistas propuxéronse un obxectivo ambicioso e artístico, crear unha melodía a partir dos datos que proporcionan os diferentes sensores incorporados no satélite, empregando a Intelixencia Artificial. Isto permitiría, por exemplo, un mellor acceso á ciencia a persoas con limitacións visuais, xa que poderían “escoitar unha gráfica”.

O proxecto servirá para levar a marca Muxía ao espazo, engadindo diferentes elementos representativos da zona, entre os que destacan uns adornos de Encaixe de Muxía realizados pola Asociación de Palilleiras Nosa Señora da Barca.
Para desenvolver o seu proxecto reúnense semanalmente, e contan co apoio de negocios locais como Arroutada, Gerca, Golosinas Franches ou Caramba.

Comentarios