Martes. 15.10.2024
El tiempo

Arde un galpón en Muxía e deixa importantes danos materiais

Arde un galpón en Muxía e deixa importantes danos materiais
Arde parte dun alpendre en Muxía. Imaxe: Proteccion Civil Muxía Arde parte dun alpendre en Muxía. Imaxe: Proteccion Civil Muxía A rápida intervención dos equipos de emerxencias evitou danos nas vivendas colindantes. Así os Bombeiros de Cee apagaron esta tarde un incendio que, probablemente, se iniciou nunha lareira que había no interior dun alpendre. O galpón, no que había animais e diversos aparellos de labranza, madeira, palla e leña, está situado na rúa A Pedriña de Muxía e está anexo a unha vivenda de pranta baixa. Un veciño alertou aos servizos de emerxencias do suceso indicando que saía lume polo teito dunha vivenda e escoitaba, ademais, os estoupidos das uralitas. Así mesmo, aseguraba que a propietaria non estaba no seu interior no momento de iniciarse o lume que foi sobre as 15:30 horas de hoxe. A rapida interviron dos membros do parque comarcal de bombeiros, da Policía Local e dos efectivos de Protección Civil de Muxía evitou que os danos fosen maiores. Os Bombeiros confirmaron ó 112 Galicia que o lume quedou extinguido sobre as 17:49 horas e retirado o escombro ocasionado. Arderon diversos aparellos que os propietarios gardaban no seu interior. Tamén se viu afectada o exterior dunha edificación anexa ó alpendre. Por fortuna, os animais non se viron afectados polo lume. Fonte 
  • Redacción QPC
  • 112
  • Bombeiros de Cee
  • Protección Civil de Muxía

Comentarios