Arrinca a campaña de recollida de xoguetes
07:09 29/11/16
Un ano máis, Carballo e Vimianzo súmanse á campaña anual de recollida de xoguetes "Sus Derechos en Juego" de Cruz Roja Juventud. Nesta iniciativa participan un total de de 350 oficinas de todo o territorio nacional grazas ao traballo de 150 voluntarios e voluntarias que faránlle chegar os xoguetes ás familias que máis o precisan.
A través desta campaña, a Cruz Vermella espera recoller máis de 2000 xoguetes novos, non bélicos e non sexitas para máis de 1000 nenos e adolescentes da provincia da Coruña. As persoas interesadas en participar, poden facer entrega das aús donacións ao longo do mes de decembro.
Na asamblea local de Carballo a recollida levarase a cabo entre os días 1 e 23 de decembro en horario de 9 a 14 horas e de 16 a 18 horas, todos os días da semana a excepción dos venres pola tarde. No caso de Vimianzo, a recollida de xoguetes será do 1 ao 21 de decembro en horario de 9:30 a 14 horas e martes e xoves de 16 a 19:30 horas.
Campaña telefónica
Ademais desta, a Cruz Vermella tamén pon en marcha unha campaña telefónica a través do teléfono 900 22 44 90 e mediante o envío de SMS coa palabra "JUGUETES" ao 28092 (cun custe de 1,2€) e ao 38092 (6€) que se destinarán integramente á compra de xoguetes para nenos e nenas de familias en dificultade social.
A entrega ás familias farase durante os primeiros días do mes de xaneiro excepto na Coruña que se entregarán os días 21, 22 e 23 de decembro mediante un expositor no que cada pai ou nais recibe asesoramento do voluntariado para escoller o mellor xoguete para cada neno ou nenas segundo os seus gustos e etapa educativa.
Muxía
Por outra parte, en Muxía tamén se suman á campaña de recollida de xoguetes posta en marcha polos membros da asociación de Novas Xeracións do PP en colaboración con Cáritas e coa Patronato de Ferrol Concepción Arenal. As persoas interesadas en donar algún xoguete poden entregalo na sede do Partido Popular en Muxía situada na rúa Higuera.
Novas relacionadas
- Os pais e nais de Fisterra aprenden a tratar a drogodepencia coa Cruz Vermella
- Cruz Vermella expón a mostra “En familia, por dereito” na casa da Cultura de Vimianzo
- A casa da Cultura de Cee acolle a mostra “En familia, por dereito” da Cruz Vermella
- Cruz Vermella busca familias de acollida para nenos e nenas
- Redacción QPC ([email protected])
- Cruz Vermella