As Abaladeiras de Muxía celebran o seu terceiro festival
07:48 20/06/17
O próximo sábado día 24 de xuño as 18:00 horas na praza do Cabo da vila de Muxía a Asociación Cultural Abaladeiras de Muxía vai celebrar o seu III Festival.
Nesta festa van participar os catro grupos de pandereta e os tres de baile tradicional. Un total de 43 pandereteiras e pandereteiros e 24 bailaríns.
Tamén van contar coa inestimable colaboración do Grupo folk Xaramiños do Corpiño, de Muxía.
"Con esta celebración queremos poñer en valor a música e o baile tradicional, parte tan importante da nosa cultura", explícanos a Secretaria Ali Trillo. "Esperamos que, coma nos dous anos anteriores, desperte o interese tanto da veciñanza coma dos moitos visitantes que xa temos nestas datas en Muxía".
Fonte
-
- Redacción de QPC ([email protected]).