Luns. 29.04.2024
El tiempo

Coñecer Muxía a pé coma un taboleiro de xadrez

Coñecer Muxía a pé coma un taboleiro de xadrez
Ruta por Muxia

O club Cabo Touriñán e o Concello de Muxía, invita a tódalas persoas que se despracen o día 27 de abril a Muxía, a participar no Torneo de Apertura do VIII Circuíto Galego de promoción do Xadrez 2013. Un torneo a golpe de unha ruta a pé guiada (seguindo as numerosas sesións de sendeirismo abertas coa primavera), onde poderán visitar puntos tan simbólicos da vila da Barca como:

  • O museo e a praza do voluntariado, en honor aos voluntarios da catástrofe do petroleiro Prestige.
  • Os secadoiros de congro.
  • O Santuario da Nosa Señora Da Barca.
  • Os restos da barca de pedra na que a virxe se acercou a Muxía.
  • A Pedra de Abalar e a pedra máxica dos Cadrís que cura o mal das costas.
  • O monumento A Ferida.
  • A fundación e a casa do poeta muxián D. Gonzalo López Abente e demais puntos de interese paisaxístico e cultural do pobo.

Sen esquecer que os que desexen completar a ruta Xacobea, o camiño Fisterra a Muxía, recibirán a Muxiana, diploma que certifica o fin do camiño.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios