Venres. 29.03.2024
El tiempo

As Auroras fan brillar o Camiño dende San Martiño de Ozón

As Auroras fan brillar o Camiño dende San Martiño de Ozón

Canta falta fai a chegada desta clase de xente á nosa bisbarra que nos traia esa luz antes do mencer. O Mosteiro de San Martiño de Ozón, en Muxía, ten novos hóspedes. E non son curas. Son un grupo de amantes do Camiño que levan anos soñando con instaurarse na zona, e chagan para crear unha Cooperativa de Albergues do Camiño de Santiago, unha cooperativa sen ánimo de lucro: Auroras del Camino

Elas son Marta (A Coruña), Soraya (Valencia) e Loreto (Madrid e mundo) que tras levar varios anos unidas a través da maxia do Camiño. De feito coincidiron no Albergue de Fontebadón onde decidiron escapar ata ata outra zona con máis forza. Foi a coruñesa Marta a que propuxo invadir o Finisterre galego, ese lugar "máis máxico, máis pagano, cunha forza inmensa" como nos conta a propia Soraya.

E aquí están. E ademais non están nun lugar calquera. Nada menos que o Mosteiro de San Martiño de Ozón é a morada, e aí xa levan un par de meses traballando na súa rehabilitación. Chegaron iso si, de casualidade, pois andaban á procura dunha casa da zona, e un veciño lles comentou: "Por que non preguntades ao arzobispado polo Mosteiro? É que está acabadiño...". 3 meses de negociacións co Arzobispado e dende setembro xa están dentro, dándolle vida ao espazo, gracias á súa misión, unha suma de vontades.

En breve ademais queren abrir outro en Buxán (Fisterra) para completar a parella de auroras. I é que o proxecto nace alí, na terra da avoa de Marta, chamada Aurora, e onde hai un terreo agardando para facer o novo albergue.

Xormada de portas abertas

E para que a veciñanza as coñeza de preto, esta fin de semana fan unhas Xornadas de portas abertas. Así, con torrijas, filloas e infusións, este sábado 28 ás 18:00h e domingo 29 de xaneiro de 2012, ás 11:00h, antes da misa, o Mosteiro abre as súas portas para que todos os veciños, antes de falar por detrás, coñezan o que hai.
"Queremos que nos coñezan as familias da zona, que fagan todas as preguntan que queiran, e que comproben que non estamos destrozando nada, máis ben todo o contrario", comentan. "Queremos presentarnos como persoas, pero tamén presentalos o proxecto económico. Porque prantexamos un sistema de pago a vontade, con "prezos suxeridos" pero no que sexan os clientes os que decidan os custes dos servizos".

Ademais, queren pedir a xente colaboración para a organización de talleres, pois conciben o lugar como un "espazo de coñecementos compartidos". Así, pensan facer aulas de de ioga abertas ou de esgrima, pero tamén lles gustaría que a veciñanza participase e compartise os seus coñecementos. Polo de pronto intentarán coñecer as necesidades da zona para ver por onde comezar a traballar nesta liña.

Un proxecto integral

Marta xa leva 6 anos co proxecto, sempre a voltas coa misión da Cooperativa. Unha cooperativa que vai máis alá do albergue en si, se non que ten como obxectivo "propiciar dende a sociedade o entorno axeitado para o repouso, a convivencia, a práctica da meditación, do perdon, o fomento do consumo responsable e consciente, dos hábitos saudables e da agricultura ecolóxica". Isto é: "queremos unha vida sencilla, servicial e de entrega", como apunta Soraya.

Por agora, como dicimos son 3 socias cooperativistas. Pero a familia crece. Para facerse socio hai que pasar 3 meses de voluntariado e 6 meses de socio a proba, e nesa tesitura atópanse varios compañeiros. Como Javier, ou como Hugo, ou como outro coñecido da bisbarra, "O Peregrino", o croata Tiero que xa leva uns anos afincado en Muxía.

E moitos máis seguro que pasan por esta fermosa iniciativa.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios