Martes. 15.10.2019
El tiempo

Ata sempre María Amelia

Ata sempre María Amelia
Maria Amelia na Barca Maria Amelia na Barca

A Costa chora hoxe a morte de Maria Amelia. A blogueira máis lonxeva do mundo pasou o pasado 20 de maio de 2009 a mellor vida. Unha embolia fugaz levou á nosa abuela favorita, que deixará unha gran mella na sociedade actual. Esta mesma tarde, as cinzas de María Amelia esparcíronse na punta da Barca, o lugar máis fermoso do mundo, como ela ben dicía.

María Amelia supón o meirande exemplo de como as novas tecnoloxías poden facer a vida máis alegre á terceira idade. Gracias ao seu neto, descubriu o profundo mundo submariño da rede e a través dun blog a modo de regalo. "Que cutre é o meu neto, que me regala unha libreta!" pensara de principio, sen saber o que aquel pequeno presente lle ía cambiar a vida.

Preto de 1,5 millóns de visitas, gañadora do premio Bobs ao "Mejor Blog de habla hispana" no 2007, entrevistas con diarios de todo o mundo, e unha morea de amigos que deixa en todo o planeta. Para nós, foi tan imporntante que foi a que inaugurou a sección da “Bitácora da semana”, bueno, a que provocou a súa existencia.

A enerxíá desta "socialista de toda a vida" decaera un pouco nos últimos tempos. Levaba dous meses sen aparecer pola rede, e os seus lectoras xa a botaban de menos. Máis de 300 comentarios preguntaban con ela na súa última entrada do blog. Pero María Amelia non volverá contestar.

Queremos enviar o noso meirande apoio a toda a familia de María Amelia e máis concretamente, ao seu neto, heroe dende o anonimato. De Maria Amelia gardaremos as mellores lembranzas posibles. Foi ela unha das primeiras entrevistas que realizou o reporteiro deste diario, e unha das que gardará, sen lugar a dúbidas, con máis cariño.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios