Atopan o corpo sen vida dun home na praia de Lourido
23:03 07/07/21
Esta tarde de mércores, os medios de Salvamento atoparon o corpo sen vida dun home no mar, nunha zona rochosa da praia de Lourido. Un particular daba a alarma ás 18:45h, cando o viu aboiando.
O 112 aviso a Salvamento Marítimo, que mobilizou un helicóptero de rescate para recuperar o corpo e no que foi trasladado ata o areal, pero nada se puido facer para salvarlle a vida..
Tamén acodiron ao lugar Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local, do Servizo de Gardacostas de Galicia, dos axentes da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.
Segundo fontes de seguridade trátase dun turista español duns 80 anos.