venres. 08.11.2024
El tiempo

Atopan unha nova perla nunha ameixa

Noa Haz cunha perla nunha ameixa de Carrill de Merexo
Noa Haz coa ameixa con sorpresa
Atopan unha nova perla nunha ameixa

Terceira vez este ano que unha ameixa de Carril ten premio. No mes de xaneiro foi nun restaurante de Muros, mentres que en marzo acontecía nun restaurante muxián. Hai pouco menos de dúas semanas tamén atoparon unha perla noutro resgaurante muradán, pero desta volta era da ría de Muros e Noia.

Esta pasada noite do 21 de agosto volveu pasar en Muxía. A familia Haz, mentres degustaba unhas ameixas de Carril mercadas na cetárea de Merexo, atopaba esta pequena perliña.

Foi a pequena Noa Haz a que á atopaba, e do pequena que era pensou que era unha pedriña ou un anaco de cuncha.

Premio gordo o que trouxo estas ameixas mercadas a 17,50 euros /kg na cetárea muxiá,

Novas relacionadas

Comentarios