Un axitado comezo de curso para a cativada do CEIP Vilarmide
A cativada do CEIP Vilarmide Eduardo Noya de Muxía non sabe o que é a depresión postvacacional. O alumnado empezou o curso con ansias e ganas de traballar, e gracias a un profesorado tremendamente implicado, xa levan unha manchea de actividades no marco dunha Programación Xeral Anual que ten como principais obxectivos coñecer e valorar “a flora e a fauna” e “o seu patrimonio natural, social e cultural”.
En clave de natureza, e da man de Nico de “Abellas na escola”, os nen@s achegáronse ao mundo das abellas e valoraron a súa importancia. Os alumn@s divididos en dous grupos pasaron una mañá inesquecible aprendendo moito sobre estes insectos tan importantes para conservar a vida no planeta. Fixeron candeas, probaron o pole, degustaron o mel, participaron nun conto interactivo… pero sobre todo quedaron impresionados coa organización da sociedade das colmeas.
Xa en asuntos patrimoniais, este luns 9 de outubro tod@s @s alumn@s de primaria visitaron Muxía. Primeiro a profe Luisa Gerpe explicoulles algo da historia da Pedra de Abalar e da Pedra dos Cadrís que xa eran veneradas hai miles de anos. Descubriron que a Costa da Morte leva este nome, non só polos numerosos naufraxios e mortos no mar, senón porque aquí morría o sol cada tardiña. Mesmo aprenderon que Caronte levaba as almas dos difuntos na súa barca (sería a Pedra de Abalar?) e que, ata hai poucos anos, en algúns lugares do Concello, enterrában aos difuntos cunha moeda para pagar a viaxe. Naturalmente tamén esocoitaron a lenda da Virxe e a súa chegada nunha barca de pedra para animar a Santiago Apostol.
Tras a visita e cumplido o ritual de pasar baixo a Pedra dos Cadrís o alumnado de 1º a 4º, acompañados polas súas titoras Reyes Abuelo e Lucía Rodríguez e por un destacado membro de Protección Civil Juan “Papi” subiron ó Corpiño e admiraron as vistas. Quedaron asombrados cando Juan contoulles que de pequeno, nos días de temporal xuntábanse os dous mares e Muxía quedaba inundada polo océano. Despois visitaron a base de Protección Civil e coñeceron da man destes héroes anónimos a importante labor que realizan, de forma voluntaria e altruista con disponibilidade as 24 horas para todo operativo no que se precise a súa presencia. Divertíronse moito probando os traxes de bombeiros, subindo ao coche e sentíndose “membros da Agrupación”, (probablemente algún neno ou nena será voluntario o día de mañán… ).
Mentres os de 5º e 6º coa súa titora Mª Carmen Espasandín e coa mestra Luisa Gerpe fixeron unha ruta camiñando dende Lourido ata a Punta da Buitra, admirando a beleza da paisaxe. Escoitaron a lenda da Buserana (e ata lles pareceu oír o canto de Buserán chamando por Florinda).
Por último, como uns turistas máis colleron forzas na terraza do Bar Dorna. Unha xornada que pensan repetir todos os anos.
Este só foi o avance dun curso que se prevé cheo de actividades culturais, festivas, ecolóxicas, solidarias…
Recollendo tapóns
Así mesmo, e dada a preocupación que polo medioambiente e a contaminación sempre tiveron en Vilarmide, o colexio firmou un contrato coa fundación SEUR no marco do proxecto “Tapóns para unha nova vida” En dous días encheuse o contedor cheo de tapóns que terán unha nova vida.