Mércores. 01.05.2024
El tiempo

O BNG de Muxía critica o “lamentable” estado da contorna do punto limpo

Vertido de neumaticos preto do punto limpo de Muxia
Vertido de pneumáticos preto do punto limpo de Muxía
O BNG de Muxía critica o “lamentable” estado da contorna do punto limpo

”O estado no que se atopa desde hai anos, o entorno do punto limpo de Muxía é lamentable”, denuncia o BNG muxián. O grupo critica a “irresponsabilidade do goberno municipal” pois entende que o estado da zona “constitúe un atentado ecolóxico”. “Máis ben parece un vertedoiro de lixo que un un punto limpo”, denuncian deixando claro que estean a depositar alí, sen control, todo tipo de obxectos –pneumáticos, electrodomésticos, restos de plásticos de ensilar e mesmo escombros de obra-.

”Hai tempo que este auténtico vertedoiro afecta á veciñanza, aos terreos circundantes e posiblemente aos acuíferos, polo filtrado de substancias como os líquidos de electrodomésticos que podrecen á intemperie”, sinala a voceira municipal Mercé Barrientos. “É urxente que se poñan en marcha medidas para mellorar o servizo de recollida de voluminosos e que se retire o lixo acumulado arredor deste “punto limpo”.

Vertido incontrolado en Muxia preto do punto limpo

Plasticos agricolas ciscados preto do punto limpo de Muxia

Piden ademais “unha maior frecuencia de recollida e da limpeza dos contedores é outra das demandas do Bng de Muxía para evitar os constantes desbordamentos e cheiros”.

Contedores cheos en Muxia
Contedores cheos en Muxía

Comentarios