Domingo. 28.04.2024
El tiempo

O BNG de Muxía explica a súa versión sobre a falta de acordo para alcanzar unha investidura alternativa

merce barrientos do BNG Muxia CON ponton copia
Mercé Barrientos, con Ana Pontón
O BNG de Muxía explica a súa versión sobre a falta de acordo para alcanzar unha investidura alternativa

O BNG de Muxía, trala celebración dunha asemblea, quere facer valoración da fallida investidura alternativa, que permitiu que Iago Toba continúe sendo alcalde.

Con todo, a concelleira Mercé Barrientos Varela recolleu o pasado día 17 a súa acta de concelleira "comprometéndose a cumprir coas obrigas do cargo e a traballar polo Concello de Muxía con dedicación e lealdade e de xeito consecuente co programa proposto durante a campaña electoral".

Explican que "a executiva local do Bng de Muxía expuxo claramente durante a campaña que non ían apoiar un executivo presidido por Iago Toba, pois consideramos a súa xestión nefasta para o noso concello; tamén que non facilitaría en Muxía un goberno do P cos seus votos".

En cumprimento dos acordos marco da executiva nacional do Bng co Psoe, o Bng de Muxía tiña unha opción moi sinxela: negociar co PSOE de Muxía e facilitar un goberno de Iago Toba. Sen embargo, a responsabilidade da executiva local ante o que vimos nos pasados catro anos levounos a tentar unha solución alternativa. Negociouse ata o último momento para tentar evitar o desastre que podería constituir para o concello continuar na dinámica dos pasados catro anos.

Despois de varias negociacións e conscientes de que Bng e Pp son forzas antagónicas, o Bng de Muxía chegou a ofrecer ás duas forzas un pacto de investidura do candidato de IxM sen condicións -postura que foi apoiada pola executiva comarcal- co compromiso de que, en caso de que o representante de IxM considerara necesario co-gobernar co Pp, non se formaría parte do goberno pero manteríase o apoio ao programa e ás iniciativas do goberno municipal. Cremos que non se pode ser máis xeneroso. A oferta foi rexeitada pola representante do Pp que comunicou, en última instancia, que a única disposición do seu grupo era solicitar a alcaldía, a sabendas de que esto resultaba inviable.

Desde o Bng de Muxía lamentamos non ter chegado a un acordo que as distintas forzas comprometeramos durante a campaña e que se puxesen impedimentos que poden implicar consecuencias moi graves para os nosos veciños e veciñas e cremos que cadaquén debe de asumir a responsabilidade deste feito diante dos seus votantes.

Nós traballaremos incansablemente e con responsabilidade para que se produzan entendementos que melloren a xestión do noso concello, para apoiar aos nosos veciños e veciñas e para evitar que se repitan o abandono, desleixo e atraso que xa vivimos na anterior lexislatura"

Comentarios