Luns. 29.04.2024
El tiempo

O BNG de Muxía presenta unha moción para mellorar a atención primaria no Centro de Saúde

Mercé Barrientos moción sanidade
Mercé Barrientos
O BNG de Muxía presenta unha moción para mellorar a atención primaria no Centro de Saúde

Vivíu en primeira persoa Mercé Barrientos, a voceira do BNG de Muxía, as carencias dos nosos centros de saúde. E dada a súa posición quere facer algo para intentar mellorar o servizo dos nosos alicerces da sanidade pública.

Asi, o BNG muxián rexistrou este luns 8 de abril unha moción para que o Pleno da Corporación solicite á Xunta de Galiza unha mellor atención primaria e de pediatría na localidade, facéndose eco “das demandas dunha veciñanza que trasladounos que leva tempo sufrindo un servizo médico deficiente”. No escrito da iniciativa, os nacionalistas piden ao Concello que traslade ao SERGAS e ao Parlamento de Galiza o acordo proposto.

Na moción presentada indícase que o centro médico de Muxía debe ter 3 médicos, pero que en ocasións só hai un porque non se cobren as baixas ou vacacións. “Isto provoca que se pospoñan citas máis de 15 días, problemas para a asignación de receitas, retrasos na revisión de analíticas, etc”, subliñan desde o BNG, que remarca que o persoal sanitario, tanto de atención primaria como de pediatría, ten dereito a desfrutar das súas vacacións ou a ter problemas de saúde, “pero a veciñanza non ten que quedar sen servizo, e faise necesario desprazarse e facer uso das urxencias doutras localidades para obter atención”.

Barrientos lembrou os problemas que houbo o ano pasado na vila co pediatra, que só voltou despois da mobilización das familias.

 

Comentarios