Domingo. 03.11.2024
El tiempo

O BNG pide explicacións sobre as causas da grave intoxicación causada pola auga da traída en Muxía

Crise da Auga en Muxia
O BNG pide explicacións sobre as causas da grave intoxicación causada pola auga da traída en Muxía

Despois dun mes, Muxía segue sen saber cal foi a causa real da grave intoxicación que padeceron centos de residentes de Muxía debido á contaminación da auga da traída.

A pesar das peticións da oposición, o alcalde Iago Toba, que se comprometera a ser “absolutamente transparente e dar toda a información”, a cidadanía segue sen saber que foi o que pasou. Apenas houbo un recoñecemento da presenza de dúas bacterias, pero recoñecer as causas e sen explicar as consecuencias de “eliminalas por cloración”.

 

”Non vemos a transparencia por ningunha parte”, critica o BNG de Muxía. “Non se trata de buscar culpables, senón de buscar solucións. Por iso exiximos explicacións urxentes e convincentes do que pasou e a elaboración e presentación dun plan de xestión que nos garanta que non volverá repetirse esta grave situación. A cidadanía de Muxía ten que poder volver confiar na potabilidade da auga fornecida polo concello, un servizo básico en calquer país desenvolvido”.

Novas relacionadas

Comentarios