Camariñas, Muxía e Vimianzo despediron o Obradoiro de Emprego e xa pensa no seguinte

Co novo obradoiro xa en marcha, os Concellos de Camariñas, Muxía e Vimianzo puxueron punto e final ao obradoiro dual Camiño ao Emprego coa entrega de diplomas no acto de clausura celebrado no .
Este obradoiro de emprego estaba dirixido a mellorar a ocupabilidade de 20 persoas desempregadas de ditos concellos, a través da súa cualificación profesional en alternancia coa adquisición de experiencia laboral directa.
O alumnado-traballador da especialidade de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes realizou un total de 6 actuacións, que son as seguintes:
- Acondicionamento e mellora da zona verde da Palusa, Muxía.
- Acondicionamento e mellora da zona verde de Morpeguite e do camiño anexo, Muxía.
- Acondicionamento e mellora da zona do entorno da pista polideportiva de Vilarmide, Muxía.
- Actividades auxiliares en aproveitamentos forestais e resineiros no monte Covadiña de Brañas Verdes, Camariñas.
- Coidados silvícolas e de xardinería en espazos públicos de Vimianzo.
- Vía Mariana en Vimianzo.
O alumnado-traballador da especialidade de promoción turística local e información ao visitante realizou 9 actuacións de promoción e divulgación turística dos tres concellos, así como labores de información ao visitante que son:
- Coñece o teu Concello.
- Deseño e execución de visitas guiadas nos tres concellos.
- Traballo de apoio nas oficinas de turismo, museos e centros de interpretación nos tres concellos participantes.
- Dinamización de eventos turísticos nos tres concellos participantes.
- Deseño e elaboración de material promocional nos tres concellos participantes.
- Actualización das bases de recursos turísticos do territorio dos tres concellos participantes.
- Deseño dun proxecto de xeocaching para turismo.
- Deseño de actividades na noite.
- Deseño de novos produtos e servizos turísticos.
Novo Obradoiro
Agora, xa pensan no novo Obradoiro, que leva o nome ‘Camiño o futuro’, poderán formarse cobradndo 20 alumnos e alumnas, cunha duración de 9 meses e para as especialidades de conservación e mellora de montes, pavimentación e albanelería de urbanización. Poden inscribirse para esta oportunidade consultando en calquera dos 3 concellos.
NOVAS RELACIONADAS
- 15-09-21: Camariñas, Muxía e Vimianzo, de obradoiro en obradoiro.
- O Obradoiro de Emprego de Carpintería engalana o Castelo de Vimianzo.
- O Obradoiro de Emprego de Camariñas sumérxese nos naufraxios.
-
O Obradoiro de Emprego de Vimianzo arranxa a antiga escola de Reboredo
-
Muxía emprega o Obradoiro de carpintería para rehabilitar o paseo fluvial do Río Negro
-
Roteiros pola Costa por Semana Santa da man do Obradoiro de Emprego de Camariñas, Muxía e Vimianzo
-
Vimianzo, Camariñas e Muxía volven pedir un novo Obradoiro de Emprego Dual