Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Vimianzo, Camariñas e Muxía volven pedir un novo Obradoiro de Emprego Dual

Reunion de alcaldesas Vimianzo  Camariñas  Muxía
Vimianzo, Camariñas e Muxía volven pedir un novo Obradoiro de Emprego Dual

Unha vez comprobado as moitas bondades dos Obradoiros de Emprego (forman nunha profesión a un grupo de moz@s ao tempo que lle dan un soldo, e o se traballo serve para mellorar infraestruturas ou servizos municipais) os Concellos de Vimianzo, Camariñas e Muxía queren volver solicitar dous novos obradoiros de emprego para continuar fomentando a inserción laboral da veciñanza.

Así o acordaron trala reunión celebrada entre as rexedoras e rexedor dos tres concellos, na que acordaron solicitar á Xunta un obradoiro de emprego dual e outro de garantía xuvenil, xa que abre o prazo para a súa convocatoria.

Novas relacionadas

Comentarios