Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Obradoiro de Emprego de Camariñas sumérxese nos naufraxios

O Obradoiro de Emprego de Camariñas sumérxese nos naufraxios
Buque Columbia afundido en Camarinas
O buque Columbia

O alumnado do obradoiro ‘Camiño ao Emprego’ de Camariñas, Vimianzo e Muxía comeza unha serie de traballos sobre naufraxios en Camariñas e na Costa da Morte. Un traballo que se materializará na páxina web ‘Ruta de los naufragios’ do Concello de Camariñas, con publicacións todas as semanas (os martes) sobre os naufraxios producidos polos submarinos alemáns na costa de Camariñas durante a Segunda Guerra Mundial.

Está previsto que se fagan en torno a 8 publicacións. O primeiro Naufraxios e Soños Crebados, xa está publicado por Mónica Carballo Sar, unha alumna de Muxía que centra o seu texto nos naufraxios producidos polos submarinos alemáns Columbia, Balto, Forcadela, Scatonia ou o Iris.

Hoxe será o turno para o naufraxio da ilustre ‘Virxe da Barca’ de Muxía, contando a tradición doutro xeito.

A web é moi completa, cun mapa onbde recolle historia de numerosos casos, e mesmo unha sección de audiorelatos.

Comentarios