Luns. 06.12.2021
El tiempo

Camariñas, Muxía e Vimianzo, de obradoiro en obradoiro

Clausura do Obradoiro de Emprego en Vimianzo
Clausura do Obradoiro de Emprego en Vimianzo
Camariñas, Muxía e Vimianzo, de obradoiro en obradoiro

Clausurábase onte en Vimianzo o programa ‘Xuventude polo emprego’, que permitiu que un total de 16 mozos e mozas incluídos no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil viviven 6 meses de experiencia formativa-laboral, desenvolvendo dous módulos: ‘Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía web’ e ‘Instalación de elementos de carpintería’.

Durante o acto fixeron repaso das súas actuacións, como a creación de app en clave turística sobre naufraxios, ou o acondicionamento do paseo fluvial do río Negro.

Xuventude de Emprego

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, subliñou ‘o éxito da fórmula que combina formación cunha experiencia que se achega nun alto grao á presenza no mercado laboral’, e quixo parabenizar ao alumnado participante ‘polo seu esforzo sacrificio nestes 12 meses’, enfatizando no ‘orgullo que supón para nós que deixarades a pegada en Vimianzo, Camariñas e Muxía’.
Por último, Sandra Insua, rexedora camariñana, sinalou que ‘co voso traballo, combinando formación e destreza, puidemos comprobar neste ano o voso avance cara a excelencia nas vosas tarefas’, agracedendo a súa implicación ‘a todos os axentes participantes na iniciativa’ finalizou.

Novo obradoiro

A cita serviu ademais para anunciar o novo Obradoiro que veñen de recibir as 3 administracións locais. Co nome ‘Camiño o futuro’, poderán formarse cobradndo 20 alumnos e alumnas, cunha duración de 9 meses e para as especialidades de conservación e mellora de montes, pavimentación e albanelería de urbanización.

Novas relacionadas

comentarios