Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Carola Rackete, unha capitana de barco, e heroína, na Galería Mulleres

“Puiden frecuentar tres universidades, son branca, alemá, nacida nun país rico e co pasaporte adecuado. Cando me dei conta sentín unha necesidade moral: axudar a quen non tiña as mesmas oportunidades”

carola rackete na Galeria Mulleres 2019
Carola Rackete, unha capitana de barco, e heroína, na Galería Mulleres

A Galeria Mulleres de Muxía, a proposta de Viki Rivadulla de percorrer a nosa historia en nome de muller, viaxa hoxe ata Alemaña. De Hambühren é precisamente a protagonista do mes de xullo da #GaleríaMulleres, un lugar onde non hai mar, pero onde naceu Carola Rackete, unha Licenciada en Ciencias mariñas e capitana de barco, que apenas conta con 31 anos.

Estudou Ciencias Náuticas e licenciouse pola Universidade de Ciencias Aplicadas de Jade, en Baixa Saxonia. Fixo un máster de conservación do medioambiente cunha tese sobre os albatros. Embarcou nunha nave rompexeos no Polo norte traballando para o Alfred Wegener, un dos grandes institutos oceanográficos alemáns. Foi tamén segunda oficial a bordo do Arctic Sunrise de Greenpeace ata 2016. Fala cinco idiomas e é , na actualidade, capitana do barco Sea Watch 3 (da ONG alemá Sea Watch).

O pasado 12 de xuño no barco Sea- Watch 3 rescatou a 52 persoas que partiran de Libia – 10 foron evacuadas por motivos médicos– e rexeitou as indicacións das autoridades italianas de devolvelos a un porto do país africano, dado que non é seguro. O luns a ONG apelara ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos esperando que obrigase a Italia a abrir os seus portos, pero este órgano rexeitou intervir para forzar o desembarco.

“Decidín entrar ao porto. Sei ao que me arrisco, pero os 42 náufragos a bordo están ao límite. Lévoos a salvo. Espero que as autoridades europeas e italianas entendan a situación”. Para salvagardar as vidas destas persoas entrou sen permiso en Lampedusa onde, finalmente foi detida.

Galería Mulleres Muxía

Fonte

  • A Biblioteca da Muller de Muxía, da man de Viki Rivadulla.

Comentarios