Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Domi do Moncho Burguer: “Se queres fixar poboación tes que ofrecer postos de traballo de calidade”

Domingo González Blanco O Moncho Burguer
Domingo González Blanco, coas xoias de O Moncho Burguer
Domi do Moncho Burguer: “Se queres fixar poboación tes que ofrecer postos de traballo de calidade”

A mellora da calidade da hostalería é un dos grandes retos da Costa da Morte. Nesta evolución que leva a comarca, cambiando a base económica do mar ao turismo, faise necesario ofrecer un servizo de calidade. Pero para iso o sector ten que afrontar grandes desafíos.

O gran cabalo de batalla é a desestacionalización do sector turístico. Pero a economía dunha comarca non pode depende dun verán que apenas un mes en temporada alta. Esa idea tena clara Domingo González Blanco, responsable do O Moncho Burguer, en Lira, Carnota.
Fillo de mariñeiro e mariscadora, ambos xubilados, tivo sempre o ollo posto na hostalería. Estudou para Auxiliar de Enfermería, pero despois de descubrir que non era o seu, aos 25 anos meteuse detrás dos fogóns a xestionar un establecimento hostaleiro. Xa van 5 anos á fronte dunhas das referencias do sur da Costa da Morte, e gracias ás súas orixinais hamburguesas, campañas de promoción, e coidado dos seus traballadores, atrae xentes de Fisterra, Vimianzo, Muros, Noia, Dumbría…

Coidar aos traballadores

”No verán xa tes xente. Tes que facelo moi mal para non ter, e máis nós que estamos ao lado dun parque infantil e dunha das mellores praias de Galicia. Pero para ofrecer un bo servizo nas épocas boas como Semana Santa, verán… tes que ter un bo equipo”, explica Domi, “Agora somos 5 persoas, pero hai que facer moito para conservar eses 5 postos de traballo todo o ano, porque a xente non pode estar esperando un traballo dun mes”.

”Sempre dicimos os empresarios iso de Non hai xente para traballar, home claro, coas condicións habitais como vai haber. Hai que intentar conservalos todo o ano. Eu deixo de gañar moitos meses, para conservar. Sen camareiros non podes traballar, e se cando chega a época forte non tes un bo grupo, vas dar un servizo malísmo. Se non tes ese equipo e te pos a buscar en maio, vas atopar con traballadores que a súa experiencia é na cantina da festa…”

Non é doado facer o papel de empresario da hostalería, pois tes que ter os ollos en mil circunstancias. “O fútbol axudoume nesta visión de xestión”, apunta lembrando aqueles tempos adestrando equipos de base do seu concello. Pero sobre todo, a chave está en que “antes de cura foi fraile. Levo traballando en hostalería dende os 16 anos. Levei cabolazos, traballando a media xornada… Son detalles que cando te cambias de posto, pensas o que me fixeron a min non quero facerllo ao resto. E agora, igual te cabreas un momento, e metes unha bronca, pero aos 10 minutos síntome mal e vou pedir perdón”, recoñece tendo en conta que o ambiente de traballo ten que ser positivo para o ben de todos. “Se están contentos os traballadores, traballan mellor. Se estás co látigo todos os días, o traballador non traballa contento. Se ten que terminar as 0:00 e termina ás 2:00h e non lle das un premio, o traballador vai traballar peor”.

Unha cousa evidente que parece non entender a meirande parte do empresariado costeiro, que vé como os bos profesionais da hostalería acaban marchando a fábricas como Stolt, a Dani… por un contrato fixo. Por iso, recoñece que “dentro dos malos somos os mellores. Non teño camareiros profesionais, de estudos de hostalería, refírome, pero coidámolos. Dámoslle unha oportunidade, formámolos, e despois intentamos que se sintan ben. Unha rapaza chegou e nunca collera unha bandexa, e nun mes estaba traballando de xeito totalmente independente, e moi contenta, ademais”, relata.

Carnota está de moda

”Carnota de moda, si, pero non podemos vivir dun mes ao ano. Realmente a xente así en masa vén de 15 de xullo a 15 de agosto, e tes que ter un equipo grande para ofrecer un bo servizo. Pero e se che vén un verán cativo? Xa podes rezar a Santa Bárbara…”, bromea moi en serio.

Relata por exemplo a experiencia vivida o pasado verán co mar de ardora. “Foi unha explosión, pero non temos os medios, non estamos preparados porque non hai man de obra, porque non se coidou nunca. Por iso, se Carnota quere vivir do turismo como estamos vendendo, os empresarios temos coidar os nosos empregados, temos que traballar 12 meses, para poder ofrecer un servizo de calidade”.

Promoción

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

A post shared by O Moncho (@omoncho.burguer)

Unha das claves do seu impulso dos últimos tempos é a promoción en redes, da man da nova axencia de márketing que están lanzando os carnotáns Santi e Nuria. Os seus simpáticos e desenfadados vídeos están percorrendo toda a comarca abrindo as gañas de probar esas hamburguesas de Noia a Camariñas. “Hai que chamar a atención para que o inverno non sexa tan inverno. Certo que dependemos moito do tempo, e se chove moito e fas unha promoción pode non ten moita repercusión nese día concreto. Pero notas que funciona e pode que uns días despois si que te repercuta, Se cadra recolles o froito semanas despois”.

Por iso valora estar en IG, en Facebook pero tamén en plataformas como www.futboldacosta.com onde cada fin de semana o vén 5.000 persoas de toda a comarca. “Un sábado de mal tempo ao final salvamos gracias aos xogadores Porteño, que viñan a xogar por aquí e pararon aquí a comer, ou o Nantón, que viñeron a xogar a Lombáns e nos dixeron que nos viran polo quepasanacosta, recoñece.

Conta tamén que colabora con iniciativas da comarca, patrocinados clubs ou colaborando coas festas. “Eu xa estiven nas categorías bases de Carnota, na comisión de festas 8 anos… e sei que pedir é jodido, pero hai que poñer polo ben de todos. Pero todo iso volve”, conta dando conta da importancia deses eventos puntuais que atraen mareas de xente.

Servizo a domicilio

O seu gran reclamo son as hamburguesas, non cabe dúbida, e dende a pademia se fixeron moi famosas tamén para levar a casa. Salvando a realidade de dispersión xeográfica, o O Moncho Burguer reparte a domicilio só dentro do Concello de Carnota.

Comentarios