Venres. 29.03.2024
El tiempo

Comezaron as obras de pavimentación do bordo portuario de Muxía

20210203 pavimentado bordo portuario Muxiìa
Comezaron as obras de pavimentación do bordo portuario de Muxía

Dende esta mesma mañá están as máquinas traballando no porto de Muxía. Son as obras de pavimentación do bordo portuario de Muxía que desenvolve Portos de Galicia, cun investimento de 50.000 euros para reforzar a seguridade e funcionalidade da zona de tránsito peonil.

As obras consisten na desmontaxe e retirada das táboas actuais e a pavimentación con formigón desactivado formando cuadrícula delimitada por liñas de enlousado de granito. Deste xeito mantense a integración estética co conxunto do bordo portuario, que foi remodelado en 2004.  A obra conta cun prazo de execución previsto de dous meses. 

Comentarios