Venres. 19.04.2024
El tiempo

Concello e Empresarios do Camiño en Muxía planifican a recepción de peregrinos

Concello e Empresarios do Camiño en Muxía planifican a recepción de peregrinos
Felix Porto e Anton Pombo con empresarios do Camino en Muxia

Que importante é planificar a nivel turístico. E cando un conta cunha galiña de ovos de ouro, cómpre coidala e mimala. Eso é o que parece que están a facer en Muxía, onde o alcalde convocaba onte xuntanza cos empresarios que rexentan establecementos de hostelería (albergues, hostais, hoteis e casas rurais), para tratar sobre as boas prácticas na acollida de peregrinos e turistas.

I é que Muxía a día de hoxe xa é un punto referencia no Camiño, que día a día vai gañando en visitantes e peregrinos, tanto polo seu patrimonio cultural e natural como pola súa situación no Camiño, e a existencia do Santuario e as Pedras da Barca. Este incremento de visitantes é algo a ter en conta tanto polo Concello como polo sector turístico e “require unha axeitada planificación”, recoñecen.

Por iso, o Alcalde estivo acompañado por Antón Pombo, que puxo o seu coñecemento e experiencia como peregrino e empresario dunha casa rural (Casa da Balea, en Corcubión), ao servizo dos asistentes. Pombo, que é un grande experto no Camiño e autor da guía máis importante ata a de agora, expuxo a súa visión de como ten que acollerse ao peregrino, de como a sensibilidade e o bo facer son a mellor difusión que se pode facer para crear unha marca atractiva.
Os intanxibles son fundamentais neste punto, e a boa educación, a hospitalidade, a humildade, o sorriso, o saber contarlle historias da zona… son accións que non custan nada, e que se as fan os hostaleiros, o seu establecimento, o Camiño, Muxía e toda Galicia gañan moito.

O Alcalde puxo os medios do Concello de Muxía á disposición dos asistentes para establecer unha colaboración que faga que, entre todos, se consiga que Muxía sexa un destino apetecible para calquera persoa que busque un lugar acolledor e con moito que ofrecer.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Muxía.

Comentarios