mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Concello de Muxía saca, por fin, uns orzamentos

  •  
Goberno Muxía 2025
Goberno Muxía 2025
O Concello de Muxía saca, por fin, uns orzamentos

Noutro tenso pleno, de novo marcado pola ridícula e vergoñenta actuación do ex alcalde e voceiro socialista, o Pleno do Concello de Muxía aprobou o orzamento xeral para o exercicio 2025, que ascende a 4.862.253,12 euros. Os orzamentos foron aprobados cos votos a favor de Independentes por Muxía (IxM), Partido Popular (PP) e Bloque Nacionalista Galego (BNG), e voto en contra do PSdeG-PSOE.

Desde o goberno local destacan que esta aprobación supón un "punto de inflexión para a xestión municipal, xa que en apenas cinco meses logrouse desbloquear unha situación herdada e poñer as bases dunha administración máis eficiente, ordenada e orientada ao benestar da veciñanza".

Entre as actuacións máis destacadas que se poderán levar a cabo grazas a este orzamento inclúense a licitación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), o contrato de recollida do lixo e a posta en marcha de distintas medidas de estabilización económica.

No mesmo pleno tamén se aprobou un suplemento de crédito por importe de 150.000 euros, destinado ao pago de facturas atrasadas, moitas delas correspondentes á etapa do anterior alcalde socialista. Con esta medida, o novo goberno municipal continúa avanzando na normalización económica do Concello e na responsabilidade na xestión pública.

Resumo do orzamento 2025 (4.862.253,12 €)

  • Persoal: 1.711.027,09 €
  • Bens correntes e servizos: 2.562.105,00 €
  • Investimentos reais: 378.846,03 €
  • Transferencias correntes: 165.775,00 €
  • Outros (financeiros, continxencias, activos): 44.500,00 €

Previsión de ingresos:

  • Transferencias doutras administracións: 2.548.008,04 €
  • Impostos directos: 1.432.800,00 €
  • Taxas e outros ingresos: 472.500,00 €
  • Outros ingresos: 408.945,08 €

Tamén saíu adiante un suplemento de crédito de 150.000 euros, que foi aprobado cos votos favorables de IxM e PP. O BNG abstívose e o PSdeG-PSOE votou en contra.

Comentarios