Xoves. 28.05.2020
El tiempo

A confraría de Muxía pon a bandeira a media hasta en recordo aos maiores que se nos están marchando

Bandeira a media hasta no pósito de Muxía
Bandeira a media hasta no pósito de Muxía
A confraría de Muxía pon a bandeira a media hasta en recordo aos maiores que se nos están marchando

Simbólica a mostra de respecto que fai estes días a Confraría de Muxía. Se ben na comarca a incidencia está a ser bastantes baixa, en comparación con outros territorios (van 16 falecementos polo virus), a situación estatal e mundial invita a facer unha reflexión. E por iso pósito muxián colocou a bandeira a media hasta, en sinal de luto polo pasamento de tantas e tantas persoas, sobre todo maiores polo covid-19.

”Ninguén se acorda dos velliños que montaron o país e nós os tontos non damos pé con bola e estamos acabando con eles. Estamos matando unha xeración que fixo este estado que nós non sabemos aprezar”, reflexiona o patrón maior Daniel Castro. “Por respecto”, explica.

comentarios