Domingo. 06.10.2024
El tiempo

A Costa da Morte, escena de rodaxe… tamén de interiores

Rodaxe Justicia Artificial en Muxia-Foto-Óscar Roca 1
Foto de familia no Parador. De esquerda a dereita: produtor Gerardo Herrero, a produtora Chelo Loureiro (de vermello), o actor Alberto Ammann, a actrIz Alba Galocha, o director Simón Casal; Veronica Echegui, Tamar Novas e na esquina dereita, a produtora Mariela Besuievski-Foto: Óscar Roca
A Costa da Morte, escena de rodaxe… tamén de interiores

Volve ser a Costa da Morte lugar de rodaxe. Pero desta volta, de interiores. O filme “Justicia Artificial” está a usar o Parador de Lourido como a sede de THENTHE, nome ficticio da empresa tecnolóxica que desenvolveu o software que podería substituír á xustiza tal e como se entendeu até agora. Porque “Justicia Artificial” vai ser un un thriller político dirixido por Simón Casal, e protagonizado por Verónica Echegui, Alberto Ammann, Tamar Novas e Alba Galocha que se está rodando actualmente en Galicia. Un filme que serve para reflexionar sobre o dilema moral entre mente humana versus intelixencia artificial, no ámbito da administración de xustiza.

Rodaxe Justicia Artificial en Muxia-Foto-Óscar Roca
Simón Casal e Alba Galocha na rodaxe de Justicia Artificial-Foto-Óscar Roca

O filme, cuio título aínda é provisonal, conta con gran participación galega, como é o propio director herculino, ou os protagonistas santiagues@s Alba Galocha e Tamar Novas.

O propio Novas daba así a súa impresión da rodaxe: “O reto foi construír un personaxe verdadeiro, mostrar a Brais sen facer trampas sendo fiel ao personaxe. Nesta película Simón tivo moita sutileza en atopar as motivacións dos personaxes máis aló do que quere conseguir co espectador, levándoo por un camiño descoñecido e que vaia descubrindo pistas”.

Pola súa parte, Galocha sinalou o seguinte: “Eu creo que o punto forte da historia é a reflexión que expón achega das intelixencias artificiais, os algoritmos, e como se están penetrando na sociedade. E non o fai desde un punto de vista de “creo que debería ser así” senón que é o espectador ou espectadora as que teñen que exporse e fai reflexionar achega diso. É interesante este diálogo, esta conversación.

Rodaxe Justicia Artificial en Muxia-Foto-Óscar Roca Tamar Novas
Tamar Novas con Casal-Foto-Óscar Roca Tamar Novas
Fotograma Justicia Artificial en Muxia-Foto-Óscar Roca
Verónica Echegui nun fotograma do filme

Novas relacionadas

Comentarios