Venres. 29.03.2024
El tiempo

Días de presentacións electorais en Muxía

PSOE MUXÍA_ Presentación candidatura Iago Toba 3 copia
Asistentes ao acto do PSOE muxián
Días de presentacións electorais en Muxía

Días de presentacións electorais en Muxía. Días nos que se ve que perfil de cidadán segue participando destes actos, con medias de idade ben altas.

PSOE MUXÍA_ Presentación candidatura Iago Toba 2 copia
Iago Toba arroupado por Valentín González Formoso e Bernardo Fdez.

O pasado venres era o actual rexedor, Iago Toba, o que presentaba a súa candidatura avalado polo presidente secretario Xeral do PSdG-PSOE e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e polo secretario Provincial do PSdeG-PSOE da Coruña, Bernardo Fernández Piñeiro.

Sandra Vilela candidata Muxia
Sandra Vilela con Evaristo Ben, Diego Calvo e Gonzalo Trenor

Foi este luns cando Sandra Vilela presentaba a súa candidatura á alcaldía. Despois de varias alarmas, o presidente provincial Diego Calvo avalou a candidatura dunha persoa que mostra o seu “amor por Muxía en todas en cada unha das cousas que fai”. Tanto Calvo como a propia Vilela puixeron o foco no “desgoberno”, a “nefasta xestión económica” ou a “a situación de debilidade total do alcalde”.

“O Partido Popular de Muxía só cree nun pacto: o pacto con todos veciños que aspiran a que Muxía recupere o lugar na comarca que nunca debeu perder”, dixo a popular, quen engadiu que, o resto de acordos, son, como se demostrou, pactos que só benefician ao interese duns poucos ao que, na súa opinión, o único que lles interesa é salvagardar o seu beneficio con independencia de que o concello siga en declive.

Máis novas sobre as eleccións

Comentarios