Venres. 18.10.2019
El tiempo

Dous Ministros visitan a zona do Parador

Dous Ministros visitan a zona do Parador

“Un dos lugares máis fermosos que visitei como ministro de Turismo”. Así cualificou o titular da carteira de Industria, Miguel Sebastián, a contorna na que se emprazará o Parador de Muxía, que visitou na tarde de onte en compaña do ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, e do alcalde de Muxía, o socialista Félix Porto. Sebastián manifestou que o Parador “axudará a esquecer” o que pasou na Costa da Morte en 2002 (en referencia á traxedia do Prestige).

I é que o Goberno de España aprobou defintivamente a pasada semana o orzamento do proxecto, polo que se agarda que estea en funcionamento no 2014.
O titular de Industria explicou que a obra non se puido licitar antes por mor da crise económica pero salientou que a día de hoxe o proxecto “é, afortunadamente, unha realidade”. Sebastián indicou que só queda pendente decidir a forma de construción e indicou que se está a estudar a posibilidade de optar por unha emenda de execución, o que axilizaría a materialización do proxecto.

O ministro, que manifestou que o Parador representa “o futuro” de Muxía, eloxiou varias veces na súa intervención o esforzo do alcalde muxián, Félix Porto, “un dos máximos responsables”, dixo Sebastián, “de que este proxecto sexa unha realidade”. O responsable da área de industria no Goberno engadiu, por último, que o Parador será un foco de atracción para o “turismo de calidade” e salientou que a súa construción respectará ao máximo o medio ambiente.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PSOE.

Comentarios