luns. 02.06.2025
El tiempo

Dúas alumnas do IES de Muxía triunfan nos Premios Literarios da Agrup. Cultural O Facho

CARLA Paz e Lara Caamaño Alvite do IES Ramoon Caamano de Muxia
Carla Paz e Lara Caamaño Alvite
Dúas alumnas do IES de Muxía triunfan nos Premios Literarios da Agrup. Cultural O Facho

Dúas alumnas do IES Ramón Caamaño de Muxía brillaron nos prestixiosos Premios Literarios da Agrupación Cultural O Facho 2025. Carla Paz Martínez alzouse co primeiro premio grazas á súa obra Costa da vida, mentres que Lara Caamaño Alvite obtivo o segundo con A espiga dourada. Ambas destacaron na categoría B, destinada a mozos e mozas de entre 13 e 16 anos, demostrando a súa destreza na escritura.

Este recoñecemento súmase aos galardóns obtidos neste curso nos Premios Territorio Vákner, onde Carla acadou o segundo posto con Disque e Lara, o cuarto, con A vella e o Vákner. Estes éxitos non só reflicten o talento narrativo de ambas autoras, senón que tamén consolidan o IES Ramón Caamaño como unha incubadora de talento literario.

Compromiso creativo

Contos da Costa da Morte-Publicacions Abalar-IES Ramon Caamano

Lonxe de ser casualidade, estes logros son froito do compromiso do instituto coa creatividade e coa formación cultural, impulsados dende os departamentos de Linguas. A través dos seus obradoiros de escritura, guiados polo docente Jorge de Barnola, o centro promove o desenvolvemento persoal do seu alumnado e contribúe ao patrimonio literario colectivo.

O ano pasado, o instituto publicou a antoloxía Contos da Costa da Morte baixo o seu selo editorial Publicacións Abalar, reunindo relatos que amosan a riqueza creativa do seu alumnado. Este ano, reafirmando o seu compromiso coa escritura como ferramenta educativa e artística, prepara unha nova publicación titulada O vixía. Contos á luz do Monte Corpiño.
 

Comentarios