Dúas de fotografía: Un maratón por Caamaño e un safari por Pondal
De fotografía, enténdase, son as dúas propostas que nos chegan dende o Concello de Muxía e a Fundación Eduardo Pondal.
Maratón Fotográfico Ramón Caamaño
O Concello de Muxía e a Asociación de Turismo Rural Muxía Natural, veñen de presentar as bases para o III Maratón Fotográfico Ramón Caamaño, no marco do Programa de Outono Cultural. Un maratón para lembrar a figura do fotógrafo máis recoñecido da historia da nosa bisbarra.
Un maratón que xa ten demostrado o seu tirón nas dúas primeiras edicións. Pero que agora modifica as súas bases tendo en conta suxestións dos participantes de anteriores edicións. En breve anunciaremos prazo de inscrición e que se podera baixar a folla de inscrición na páxina do Concello de Muxía.
O que si podemos adiantar é que haberá dous temas, un libre e outro sobre as casas rurais da zona. Haberá dous premios de 800€, 1 de 400€ e varias noites nas casas rurais.
- Máis información: Bases do III Maratón Fotográfico Ramón Caamaño.
Safari polo Roncudo por Pondal
A Fundación Eduardo Pondal abre o período de inscrición para todos aqueles interesados en participar nun safari fotográfico e literario impartidos por Ana García Suárez e María Canosa Blanco polas ribeiras do cabo Roncudo.
Esta actividade realizarase o vindeiro sábado 27 de outubro en horario de mañá. Comezará ás 11 horas na lareira da Fundación Eduardo Pondal coa apertura dunha exposición fotográfica sobre o Roncudo. Ás 11.30 os inscritos desprazaranse ó cabo Roncudo para desenvolver a segunda parte da xornada.
A inscrición pode efectuarse no correo electrónico da fundación: [email protected].
Máis información
Novas relacionadas
- Muxía prepara un Outono cheo de teatro, mostras e fotografía.
- II Maratón de Fotografía Ramón Caamaño: Ramón Caamaño escoulleu as fotos que mellor reflicten a beleza muxiá.
- I Concurso de Fotografía Ramón Caamaño: Ramón Caamaño xa ten sucesor.