Venres. 29.03.2024
El tiempo

Esixen ao Concello de Muxía que garanta o arranxo das estradas desfeitas polo paso, en febreiro, dos camións cos viraventos

Esixen ao Concello de Muxía que garanta o arranxo das estradas desfeitas polo paso, en febreiro, dos camións cos viraventos
Viraventos por Muxia-Foto-Prot Civil 1 Así pasaban en febreiro os viraventos polas estradas de Muxia-Foto-Prot Civi En febreiro tivo lugar a instalación dos novos viraventos do parque eólico de Muxía. Dende aquela, estradas como a de Serantes a Viseo están “totalmente desfeita”. Así o denuncia a voceira do PP Sandra Vilela, despois de escoitar as queixas de moitos veciños de Bardullas, por exemplo. Por iso, piden que o Concello garanta a reparación das estradas danadas tras a instalación dos parques eólicos. “Entendemos que as estradas deben repararse en condicións, deixándoas como estaban antes da construción dos parques eólicos, e que debe ser o Concello de Muxía o que defenda os intereses dos veciños e non os da empresa”, apuntou a popular. Lembra ademais que “antes de comezar as obras, a empresa responsable da actuación depositou unha fianza coa que facerse cargo da reparación dos firmes que se viran deteriorados”. Pero segundo puideron constatar os populares, “os traballos de reparación efectuados no firme da estrada Serantes-Viseo só serviron para encher as fochancas con grava e pouco de alcatrán, unha circunstancia, que segundo Vilela, ademais de perigosa, non é o esperado e demandado polos veciños”.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/os-viraventos-do-parque-eolico-de-muxia-atravesan-as-estreitas-estradas-da-comarca/ https://quepasanacosta.gal/o-impacto-economico-dos-parques-eolicos-nos-concellos-de-muxia-laxe-e-vimianzo/ https://quepasanacosta.gal/o-pp-de-muxia-pide-que-se-rebaixe-o-ibi-tras-os-ingresos-que-recibiu-o-concello-polos-parques-eolicos/ https://quepasanacosta.gal/o-concello-de-muxia-lidera-as-denuncias-polas-deficiencias-no-sistema-electrico/

Comentarios