Mércores. 01.05.2024
El tiempo

O festival Mar Aberto traerá a Muxía a Fillas de Cassandra, Freedonia, Cora Velasco e Mísia

MAR-ABERTO-SLIDER-PRINCIPAL-MUXIA-PC-GALLEGO copia
O festival Mar Aberto traerá a Muxía a Fillas de Cassandra, Freedonia, Cora Velasco e Mísia

Esta mañá presentouse o festival Mar Aberto, unha experiencia máxica que terá como escenario algún dos máis fermosos e impresionantes recunchos da costa galega. Trátase dun ciclo de concertos íntimos con capacidade moi limitada e unhas propostas artísticas deseñadas para cada espazo que che permitirán gozar de actuacións únicas e irrepetibles.

Un festival que traerá os días 21 e 22 de xullo no Faro Punta da Barca (Muxía) as actuacións das Fillas de Cassandra, Freedonia, Cora Velasco e Mísia.

As entradas son de balde, e pódense facer as reservas en www.festivalmaraberto.com dende o xoves 15 ás 20h.

Comentarios