Fotodesfeita: 3 anos de inaudito abandono do Concello de Muxía ás Caldeiras do Castro

11:43 17/08/18


Inconcebible parece o desdén do Concello de Muxía perante a reuinosa situación dunha das xoias naturais. O abandono reiterado das Caldeiras do Castro (as fervenzas do lugar de Trasufre) parécenos unha demostración da parálise municipal que vive o concello da Barca.
Este verán, en plena temporada de visitantes, ademais dun incendio que acabou con parte do valado de madeira que malamente sobrevivía tras 3 anos de abandono (así o denunciamos en setembro de 2016 emais en abril de 2017), tivo lugar ata un accidente que se saldou cunha perna rota e unha evacuación en ambulancia.
Hoxe en día, quen se queira achegar a pasar unha tarde de verán a esta incrible paraxe terá que xogarse o tipo, pois é un verdadeiro perigo.
Novas relacionadas
- Xullo 2018: Unha persoa ten que ser restacada cunha perna rota das Caldeiras do Castro.
- Abril 17: Fotodesfeita: O eterno abandono das Caldeiras do Castro.
- Setembro 2016: Fotodesfeita: O abandono das Caldeiras do Castro.