Investigados dous muxiáns por un posible delito de maltrato animal

14:50 10/10/20
Foi a Policía Local a que deu aviso ao Seprona da morte, por aforcamento, dun can nun alpendre, en Oruxo, Muxía. A Patrulla do Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) da Garda Civil de Corcubión comeza aí a súa investigación como por un posible delito de maltrato animal.
O can tiña que estar inmobilizado por orde xudicial, tras estar implicado nun delito de danos por morder a uns peregrinos.
A Garda Civil comproboy a presenza do corpo sen vida deste animal, suxeito polo pescozo cunha cadea, colgando dunha das vigas do alpendre, comezando así a investigación aos dous propietarios.
NOVAS RELACIONADAS
- Setembro 2020: O Seprona investiga un veciño de Corcubión que lanzou 4 cachorros á ría.
- Maio 2020: Unha familia de Cee imputada por un suposto delito de abandono de 3 cadelas.
- A xestión municipal dos animais abandonados volve á actualidade dende Muxía.
- As “salvadoras” conciencian sobre o abandono de animais.
- Salvacadelos: 12 anos expandindo a rede de adopción.
- XEA: “É moito máis barato facer que baixe o abandono, que asumir a situación actual”.