Mércores. 28.10.2020
El tiempo

Campaña #Salvacadelos: De orellas e rabo

Campaña #Salvacadelos: De orellas e rabo
salvacadelos pinio non ao corte de orellas e rabo

Xa está prohibido en moitos países europeos como Alemaña. E, de feito, a Clínica Veterinaria Argos de Cee xa non corta rabos e orellas por estética a pesar de que aínda hai moita xente que quere que o “seu” can vista sen rabo.

Seguimos asó coa Campaña de concienciación que a Clínica Veterinaria Argos de Cee, a casa de Salvacadelos, quere facer a través destas liñas. Xa temos falamos da importancia e obrigatoriedade do chip, e nestes tempos de verán, da problemática de abandonos. Algo que nos levou ata o problema principal: demasiados cans para poucos fogares, como reducimos o número de cans?. Unha solución, adoptando mellor que comprando, dende logo.

Pero hoxe o que nos trae por aquí é a disxuntiva de cortar ou non as orellas e o rabo. Houbo sempre un mito de que moitas razas como o dóberman, o gran danés ou o pitbull teñen problemas de saúde se manteñen as orellas e o rabo ao natural. Nada máis lonxe da realidade, máis ben todo o contrario porque ademais da dor xerada durante a ciruxía, ademais das posibles infeccións que se poden derivar das feridas, cortándolles as orellas e o rabo elimínaslles dúas das seus fundamentais ferramentas de comunicación, sobre todo a cola, o elemento que teñen para amosar sentimentos.

Os estándares raciais de estética ou o aspecto de maior ferocidade son ás veces as causas polas que os nosos veciños queren amputar (cómpre falar claro e deixarse de “cortes”). Deixémonos de estética e respetemos aos nosos fieis compañeiros.

Campaña de concienciación de Argos e Salvacadelos

Máis información de Salvacadelos

Salvacadelos é unha iniciativa solidaria desenvolta na rede por QPC. posta en marcha pola Clínica Veterinaria Argos de Cee e patrocinada por Stolt Sea Farm e Prodemar.

Se queren adoptar algún destes animais que necesitan un fogar, póñanse en contacto coa Clínica Veterinaria Argos de Cee:

Novas relacionadas

Fonte

comentarios