Unha familia de Cee imputada por un suposto delito de abandono de 3 cadelas

A Policía Local recibía unha chamada sobre a aparición dunha cadela deambulando pola vía pública, que apenas se sostiña en catro patas, polo que no seu momento foi recollido pola empresa especializada XEA a raíz da chamada do Concello de Cee (que fixo unha xestión impecable da situación), e tratado na comprometida Clínica Veterinaria Argos, responsable da solidaria iniciativa Salvacadelos.
Nada puideron facer na Clínica e a cadela falecía poucas horas despois.
Da necropsia realizada, as veterinarias determinaron que a cadela morrera por envelenamento. É aí cando se informa á Garda Civil.
A partir de aí se descubre que son tres as cadelas abandonadas, e as outras dúas son rescatadas con claros signos de desnutrición, e trasladadas a propia protectora Xestión Ética do Abandono tralo seu plaso pola Clínica.
Mentres a Garda Civil denunciou á suposta familia culpable do delito de abandono, mentres o Seprona segue a investigación sobre o envelenamento.
NOVAS RELACIONADAS
- A xestión municipal dos animais abandonados volve á actualidade dende Muxía.
- As “salvadoras” conciencian sobre o abandono de animais.
- Salvacadelos: 12 anos expandindo a rede de adopción.
- XEA: “É moito máis barato facer que baixe o abandono, que asumir a situación actual”.