Martes. 07.05.2024
El tiempo

IxMuxía pide deixar de politizar da crise dos microplásticos e unha “coordinación seria” entre administracións

Javier Sar Independentes por Muxia
Javier Sar, o voceiro de Independentes por Muxía, fala dende a súa experiencia no Prestige como patrón
IxMuxía pide deixar de politizar da crise dos microplásticos e unha “coordinación seria” entre administracións

Pasado un mes dende que comezara a crise dos microplásticos, son moitos os paralelismos coa xestión do Prestige. A politización do asunto, o lume cruzado entre partidos, acusacións entre administracións… demostran que pouco temos aprendidos da catástrofe de hai 22 anos.

Así o pensa tamén o grupo de Independentes por Muxía. O seu voceiro Javier Sar, estivo en primeira liña de batalla contra o chapapote como persoa do mar e sufríu nas súas propias carnes a falta de coordinación entre administracións. É precisamente o que o seu grupo quere trasladar: “Queremos poñer a énfase, non na politización do accidente, como se ven facendo, senón no acidente en sí. Por anteriores experiencias, deberíase ter aprendido que a falta de coordinación e implicación seria entre administracións (incluída a Organización Marítima Internacional, organismo responsable da seguridade da navegación e prevención da contaminación) ralentiza solventar de xeito eficaz calquera tipo de incidente, como o actual”, sinala.

Teñen claro que é unha emerxencia global: “Cremos que esta nova contaminación accidental excede as competencias municipais, e agardamos que se fagan efectivas tanto a cooperación entre administracións, como as axudas prometidas.

Por iso, “facemos un chamamento á cordura, e animamos a relegar a un segundo plano as posturas ideolóxicas que non contribúen máis que a fomentar a crispación e a división dos cidadáns, alonxándonos do verdadeiro problema, que é a contaminación dos mares”.

O grupo remata o comunicado sinalando que iniciou conversas co goberno municipal para contar con información de primeira man, poñéndose á súa disposición para aunar esforzos na resolución do problema.

Comentarios