Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A larachesa María Rei Vilas contou en Muxía a historia que detrás da novela “Flores de Ferro”

Maria Rei e luisa gerpe garcía
Maria Rei e luisa gerpe garcía
A larachesa María Rei Vilas contou en Muxía a historia que detrás da novela “Flores de Ferro”

Gran entrada no Edificio de Servizos Múltiples este sábado para escoitar a María Rei Vilas. A larachesa, autora do libro “Flores de Ferro” tratou con máxima naturalidade ao numeroso público asistente nun evento artellado pola mestra Luisa Gerpe.

Publico na Presentacion Flores de Ferro en Muxia

Biologa de formación, e actual catedrática de Bioloxía e Xeoloxía no IES Agra de Leborís da Laracha, esta larachesa comezou debullando a súa infancia detrás do mostrador dunha ferretería. Contou que pasou fame de libros de pequena, e que o asociacionismo Cultural e o ecoloxismo veñen de serie.

Contou como se foi vinculando o escrita nos anos 90, primeiro con materiais didácticos e máis tarde coa narrativa, gracias a un manual de técnica narrativa que atopou nos andeis dunha librería que xa non existe “e que me fixo preguntarme se eu sería quen de escribir as historias que me roldaban”. “Decidín probar. Estudei, formeime e comecei a escribir relatos curtos”. Presentou relatos pequenos a concursos, e a cousa funcionaba así que se lanzou coa súa primeira novela, “Flores de Ferro”, que naceu froito dunha débeda dobre: “a que temos coa xeración das nosas nais e avoas, mulleres dobremente silenciadas por unha ditadura que lles negou todos os dereitos; e a débeda coa xente nova, que merece e precisa coñecer” estas historias da guerra civil contadas por unha avoa de 80 anos.

Así segue espallándose esta novela está a ser teatralizada por un grupo arteixán, e levou Premio de Novela García Barros.

Novas relacionadas

Comentarios