Manel Blanco recibiu o Recoñecemento Meninas 2023

07:25 22/11/23
Ata o Hostal dos Reis Católicos desprazouse onte Manel Blanco. O actual Policía local de Muxía, foi a recibir un dos Recoñecemento Meninas 2023 entregados polo goberno central para poñer en valor cada ano, con motivo do Día internacional da eliminación da violencia contra a muller, o labor de entidades e persoas en favor da igualdade e na loita contra a violencia de xénero.
Un galardón pola súa implicación coa protección das vítimas de violencia de xénero do Concello a través do Sistema Viogen.
Ademais de lanzar o seu apoio ás mulleres maltratadas, Blanco acordouse das vítimas menores e invitou ás forzas de seguridade a ser ás forzas de seguridade a ser máis humanos coas vítimas.
