Venres. 26.04.2024
El tiempo

Mar de Fábula prepara unha nova limpeza no coído de Touriñán

Mar de Fábula prepara unha nova limpeza no coído de Touriñán
coido-tourinan coido-tourinan Por terceiro ano consecutivo, voluntarias e voluntarias da asociación Mar de Fábula limparán o coído de Touriñán. Será este sábado, día 18. Dende a entidade fan un chamamento á sociedade para participar na limpeza. Os participantes reuniranse ás 12 horas no faro de Touriñán e recoméndase levar bebidas e provisións para o xantar. "Nesta altura, xa non temos dúbidas. O mar, combinando de maneira precisa os seus elementos: correntes, ondas e ventos, devólvenos unha vez máis no coído de Touriñán unha boa mostra do lixo mariño que contamina as súas augas, confirmando así, de maneira clara, que ten escollido este afastado e máxico lugar para chamar a nosa atención sobre algo que non vai ben entre él e máis nós. Nós, interpretando as súas claves, acudiremos a un novo Encontro co Mar neste lugar de xeografía privilexiada. Iremos recoller outra vez no mes de marzo, a colleita de lixo plástico de cada inverno", indican dende a asociación. Ao remate da xornada de limpeza, os participantes reflexionarán sobre as solucións ao problema da contaminación ambiental. O concello de Muxía é o encargado do apoio loxístico para que esta acción se leve a cabo. Novas relacionadas Fonte 

Comentarios