A Fundación López Abente celebrará o 50 aniversario do pasamento do poeta muxián

21:00 05/07/13

Tras coñecer o gañador do I Premio de Poesía López Abente, a Fundación muxiá ponse mans á obra co programa de actos para conmemorar o 50 aniversario do pasamento do poeta.
Serán dous sábados de xullo cheos de cultura, reivindicando de novo o papel da vila da Barca como epicentro cultural. Así, os protagonistas, ademais do homenaxeado, serán artistas locais como Viki Rivadulla, coa súa exposición "O meu mar", que xa estivo en Carballo, O Couto e Malpica; Miro Villar ou as pandeteiras e a Coral das mil actuacións, contando así con poesía, pintura, escultura, reflexión e música.
Programa do 50 aniversario do pasamento de López Abente
Sábado 13 de xullo 2013:
- Ás 20:30 h: Inauguración da mostra de pintura e escultura “O meu mar” de Viki Rivadulla, no Centro Social (Edif. Servizos Múltiples)
- Ás 22:30 h: Espectáculo musical “Os poetas e a súa música”. Coa estrea da partitura do compositor Miguel Brotóns sobre o poema "O meu mar" de Gonzalo López Abente. Intérpretes: Teresa Novoa (Soprano) e Alejo Moledo (pianista), no Salón de Actos do Voluntariado.
Sábado 20 de xullo de 2013:
- Ás 19:45 h: Ofrenda floral no Camposanto.
- Ás 20:30 h, no Salón de Actos do Voluntariado:
- Conferencia de Xosé Luís Méndez Ferrín, e presentación da Obra poética Completa de Gonzalo López Abente (Espiral Maior) – edición preparada por Miro Villar.
- Entrega do I Premio de Poesía Gonzalo López Abente-
- Actuacións das Pandereteiras de Muxía e Coral Polifónica Virxe da Barca (Ao remate servirase un viño galego aos asistentes).
Novas relacionadas
- Daniel Salgado leva o compromiso aos versos gañadores do I Premio de Poesía López Abente. Muxía e QPC bótanse a durmir cos contos normalizadores.
- Viki Rivadulla estreou entre versos amigos a exposición do seu mar.
- López Abente xa ten a súa partitura.
- A Fundación López Abente xa prepara o Cincuentenario do falecemento do autor e a homenaxe a Rosalía.
- A Fundación López Abente segue dando pasos na recuperación da obra do poeta muxián.
- Muxía reivindícase como epicentro cultural e rebelde da Costa.
- En marcha a obra completa de López Abente.
- Fin de semana Abentina, peregrina e literaria en Muxía.
- Muxía recupera a prosa salgada de López Abente.
- A Fundación López Abente presenta a súa web.