Muxía e QPC bótanse a durmir cos contos normalizadores

09:20 02/07/13

E tal e como estamos a facer cos Relatos da Fundación Fernando Blanco de Lema, tamén procederemos á publicación dos 3 contos gañadores, gracias á colaboración do concello muxián.
O xurado, composto polo alcalde Félix Porto Serantes, a concelleira de cultura Amparo Baña Alvarez, a técnica e artista Viki Rivadulla Conde, o escritor X. H. Rivadulla Corcón, e o antropólogo e investigador Manuel Vilar Álvarez, tivo complicado escoller entre todas as obras presentadas por fill@s e nais, pero estes foron os gañadores:
- 1º premio, ordenador portátil e libros en galego: “FUCO E A COVA MISTERIOSA” do neno Erik Castro Graíño e a súa nai María Manuela Graíño Lires.

- 2º premio, libros en galego: “NA PROCURA DE PAPÁ” do neno Camilo Pablo Rodriguez Espasandín e a súa nai Mª Carmen Espasandín Dominguez.

- 3º premio, libros en galego: “O PEQUEÑO LINO SOÑADOR” da nena Laura Castro Tedin e a súa nai María Tedín Mouzo.

Novas relacionadas
- Relatos da Fundación: Lonxe da terra.
- 2012: Muxía durme se lle contas un conto.
- Lema Suárez: O dramaturgo Roberto Vidal Bolaño e a súa infancia en Baio.
- En marcha o I Premio de Poesía Gonzalo López Abente.